Linguaxes

  • Galego
  • Español

World Clock

  • Portugal
  • España

Resultado de la busqueda

Pop-up Navidad

Monforte convoca un concurso de proxectos empresariais

A asociación “SEMENTE MONFORTE”, en colaboración con 16 empresas, co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e coas Universidades da Coruña, Santiago e Vigo, convocou o I Concurso de Proxectos Empresariais

O certame, dotado con 20.000 € en premios, busca ideas innovadoras e viables, e premiará aos 3 proxectos gañadores. Terán consideración especial aqueles proxectos desenvolvidos en Monforte ou que teñan como obxectivo a posta en valor dos recursos da Ribeira Sacra.

O concurso constará de catro fases: presentación de ideas, selección de ideas polo xurado, presentación de proxectos, e selección de proxectos gañadores.

O prazo para poder participar estará aberto ata o 31 de outubro e as inscricións realízaranse a través da web www.sementedemonforte.org

O concurso persegue estimular as  persoas que teñan unha idea para fomentar o emprendemento, podendo participar calquera persoa física que propoña unha idea empresarial.
 
O xurado deste premios estará composto por:  
•    Un/unha representante de cada unha das 16 empresas que participan no presente concurso.  
•    Un/unha representante de cada unha das Facultades das Universidades de Economía e Empresa de Galicia. (U.D.C.) (U.S.C.) (UVIGO).  
•    Un/unha representante do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica).  
•    Dúas persoas que designe a Asociación SEMENTE MONFORTE.

O xurado seleccionará aquelas ideas que considere de maior interese conforme aos obxectivos do concurso. Unha vez seleccionadas as ideas, o xurado dará a coñecer a súa decisión o día 1 de decembro de 2014 no sitio web www.sementedemonforte.org e informará do prazo no que deberán presentar por escrito a totalidade do proxecto.  


Posteriormente, o xurado convocará a cada un/unha dos/das autores/as destes proxectos para a súa exposición e defensa. Este acto levarase a cabo no concello de Monforte de Lemos o sábado día 14 de marzo de 2015. Ese mesmo día o xurado emitirá o seu fallo e entregaranse os premios ás persoas gañadoras e finalistas.  
 
Os premios, que estarán suxeitos á preceptiva retención legal, concederanse por proxecto e con independencia do número de persoas que participen no mesmo. A súa contía será a seguinte:

1º PREMIO.    ………………………………….………… 10.000 Euros.
2º PREMIO.    …………………………………………….   6.000 Euros.
3º PREMIO.    …………………………………………….   4.000 Euros.
 
As empresas que colaboran no concurso poderán propor financiamento para calquera dos proxectos finalistas, en cuxo caso as condicións serán as que pacten as partes de forma privada, sen ningún compromiso para a organización do premio.
 
Para máis información:

ASOCIACION SEMENTE MONFORTE

semente@sementedemonforte.org