Linguaxes

  • Galego
  • Español

World Clock

  • Portugal
  • España

Resultado de la busqueda

Pop-up Navidad

Unha Delegación do goberno brasileiro, que visitou a eurorrexión, anuncia que proporá á Comisión Europea que o Eixo Atlántico asesore a Brasil na súa política de cooperación transfronteiriza

Visitou, entre outros éxitos da cooperación na eurorrexión Galicia Norte de Portugal, o Centro de Cooperación Policial e Aduaneiro de Tui

A Delegación do Goberno brasileiro visitou o Centro de Cooperación Policial e Aduaneiro de Tui, CCPA, no contexto dun programa conxunto de cooperación entre o Eixo Atlántico e o Goberno de Brasil para o desenvolvemento da cooperación transfronteiriza no país americano que impulsa a Comisión Europea.

A delegación brasileira estaba encabezada pola Secretaria de Desenvolvemento Rexional de Brasil, acompañada por altos representantes do Ministerio de Interior daquel país e do vicepresidente da asociación de municipios de Brasil, responsable da área de cooperación transfronteiriza.

Tras a visita á comisaria conxunta, desprazáronse a coñecer os principais éxitos da cooperación transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal:
O Instituto Ibérico de Nanotecnoloxía de Braga, o Centro de Coordinación de Emerxencias de Viana do Castelo, a eurocidade Chaves-Verín, xunto ao citado centro de coordinación policial e aduaneira de Tui.

Tras coñecer o funcionamento destes centros, que valoraron como "extraordinariamente interesantes e avanzados", a delegación brasileira manifestou o seu interese en propor á Comisión Europea un programa de traballo conxunto co Eixo Atlántico para que esta entidade ofreza asesoramento ao goberno de Brasil no desenvolvemento de políticas de cooperación transfronteiriza cos seus veciños de Arxentina e Paraguai no Programa Xeral de Cooperación, Unión Europea-Brasil.