Linguaxes

  • Galego
  • Español

World Clock

  • Portugal
  • España

Resultado de la busqueda

Pop-up Navidad

O Eixo Atlántico publica "Oportunidades de financiamento europeo 2014-2020"

Recolle as principais características daqueles programas europeos que poden ter un especial interese para as cidades e o seu desenvolvemento

Xa está dispoñible a nova publicación do Eixo Atlántico "Oportunidades de Financiamento Europeo 2014-2020", na que se pon negro sobre branco as principais características daqueles programas europeos que poden ter un especial interese para as cidades e o seu desenvolvemento socioeconómico equilibrado e sustentable.

2014 marca o inicio dun novo período de programación financeira da UE (2014-2020), caracterizado por unha crecente necesidade de financiamento ante os recortes orzamentarios que afectan a todos os municipios da Eurorrexión. No entanto, en realidade será en 2015 cando se activen a práctica totalidade dos mecanismos de financiamento. É por iso que convén estar preparados, coñecer que novidades hai e que campos interesa traballar.

Esperamos que esta publicación responda as súas expectativas e lle sexa de utilidade para a consecución do noso obxectivo común: unha Eurorrexión máis desenvolvida, capaz de xerar, a través das súas cidades, un crecemento intelixente, sustentable e integrador ao servizo dos seus cidadáns.

 

LINK